O programa Galicia 1000 achegará financiamento a 3000 pemes este ano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe na rolda de prensa do Consello que o programa Galicia 1000 achegará este ano financiamento a 3000 pemes tras apoiar máis de 5000 empresas nas tres primeiras edicións.

Trátase de seguir dando resposta ás necesidades financeiras reais dos autónomos, dos emprendedores e das pequenas e medianas empresas galegas, cunha achega de preto de 100 millóns de euros e a mobilización de máis de 425 millóns durante todo este 2017. “O obxectivo é que ningún proxecto viable quede sen desenvolver por falta de apoio financeiro axeitado ás súas necesidades”, dixo.

Durante a súa intervención, Feijóo explicou que para este ano póñense á disposición das empresas diferentes tipos de préstamos, avais e reavais, capital risco, bonificación de custos financeiros e axudas directas.

Do mesmo xeito afirmou que se porá en marcha un novo programa de instrumentos financeiros innovadores que, tras os bos resultados do programa de préstamos Jeremie e Igape-Pemes, buscará facilitar a expansión das start-up innovadoras e aquelas pemes en crecemento ou expansión que requiran de financiamento complementario ao privado.

Tamén no ámbito dos préstamos, continuarase coa liña BEI, para proxectos de maior contía capaces de fixar tecido industrial en Galicia e crear emprego, e para que as empresas reforcen a súa estrutura financeira e poidan acometer plans de crecemento.

Así mesmo, poñerase á disposición das pemes a liña de bonificación de custos financeiros, co obxectivo de facilitar o acceso o crédito de autónomos e microempresas en condicións competitivas. Nesta liña incluirase un programa específico para as explotacións lácteas que xa está en marcha.

Ademais, disporanse de 45 millóns de euros de capital risco para reforzar o capital da
s pemes innovadoras e exportadoras para potenciar que gañen tamaño; ou promover a industrialización do sector primario.

Por outra banda, o Galicia 1000 seguirá tamén a achegar garantías a través de avais e reavais, en colaboración coas sociedades de garantía recíproca, e facilitará financiamento a través da Iniciativa Pyme, en colaboración co Goberno central, o Banco Europeo de Investimentos e e o Fondo Europeo de Investimentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.