O proxecto “SmartPeme” chega a Mondariz para mellorar a competitividade do tecido empresarial, emprendedor e autónomo

O Deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, asistiu á presentación do proxecto “SmartPeme” entre o tecido empresarial do concello de Mondariz e das comarcas do Condado e da Paradanta co obxectivo de pór énfase en como a implantación de novas formulacións en materia de estratexia dixital poden axudar a impulsar os seus negocios. […]